Friday 03 de May de 2024

Bandas vascas e galegas integran o cartel do noveno Kurrala Rock en Corrubedo


Corrubedo dará cabida o próximo 24 de marzo á novena edición do Kurrala Rock: un festival promovido polo músico Abdón Santos que nesta convocatoria conta coa implicación activa do Concello de Riveira na súa organización.

Abdón Santos e a concelleira de Cultura Fabiola García anunciaron hoxe no Centro Cultural Lustres Rivas o cartel do evento, con tres grupos vascos (Sutura, Korkones e Deklibe), unha banda de Ordes (Superoito) e tres formacións locais: Pateiro e Tu, Belfast e Trifulca, que pese a non aparecer no cartel incorporouse a última hora ao programa do festival. Neste senso, Santos fixo fincapé na aposta do Kurrala polas bandas riveirenses xa dende o momento en este proxecto naceu como un conxunto de concertos celebrados no patio da súa casa.

Santos informou de o escenario contará con 16 metros de boca e 18.000 vatios de son. A destacar que Sutura presentará disco novo e Superoito, unha das máis recentes revelacións do panorama musical galego, empezará aquí a súa xira.

Futbol 5
Nesta ocasión repetirá o campo de Samil como lugar de celebración do evento. O inicio do acontecemento está programado ás 20 horas, aínda que pola tarde haberá un curioso campionato de fútbol 5 entre músicos (Kurralers) e asistentes ao festival (Rockstars).

Tanto Fabiola García comp Abdón Santos quixeron animar á veciñanza e a xente de fóra que sole acudir polas vacacións da Semana Santa a que se acheguen ata Corrubedo para disfrutar deste evento de carácter gratuíto.